Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 420/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 420/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Miranda Pérez contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Restaura Galicia, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 118/2017

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 420/2015, en que foron parte, como demandante, Francisco Miranda Pérez, asistido pola graduada social Sra. Da Palma Sánchez, e como demandados, Restaura Galicia, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por Francisco Miranda Pérez fronte a Restaura Galicia, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 8.565,51 euros en concepto de salarios debidos, máis o xuro do 10 % por mora, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite que consignou como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza