De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 24 de febreiro de 2017
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2013-0094.
Interesada: Castelo Soluciones Estructurales, S.L.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: CO-RES-2014-0089.
Interesada: Gallega de Reciclajes, S.C.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: CO-RES-2015-0103.
Interesado: Pablo Garrido Sánchez.
Acto notificado: 2ª multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2017-0010.
Interesado: Iván Costa Gómez.
Acto notificado: traslado acta-denuncia.
Expediente: CO-RES-2017-0045.
Interesado: Dragos Mirel Plesca.
Acto notificado: acordo de iniciación.