Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (437/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 437/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Bugallo López contra Cocina Fusión Tamei, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña o 15 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 437/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Carlos Bugallo López, asistido pola letrada Noelia Núñez González, contra Cocina Fusión Tamei, S.L. e contra o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Carlos Bugallo López e condeno a Cocina Fusión Tamei, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.729,42 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cocina Fusión Tamei, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza