Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13121

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de febreiro de 2017 pola que se autorizan, na modalidade a distancia, os módulos do bloque común e do bloque específico das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e con aparello libre, e técnico deportivo superior en vela con aparello fixo e con aparello libre, no centro autorizado de ensinanzas deportivas Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

Por Orde do 27 de novembro de 2012 autorízanse as ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo, técnico deportivo en vela con aparello libre, técnico deportivo superior en vela con aparello fixo e técnico deportivo superior en vela con aparello libre, no centro autorizado de ensinanzas deportivas Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña).

A titular do centro solicita autorización para impartir as mencionadas ensinanzas na modalidade a distancia.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 24, e sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

A Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, regula os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos cales se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar na modalidade a distancia os módulos do bloque común e do bloque específico das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e aparello libre e das ensinanzas de técnico deportivo superior en vela con aparello fixo e aparello libre, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas.

Denominación específica: Santa Apolonia.

Código do centro: 15032558.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Domicilio: Poza Real, nº 5, A Rocha.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Módulos que se autorizan na modalidade a distancia:

Técnico deportivo en vela con aparello fixo e aparello libre
(Real decreto 935/2010, do 23 de xullo)

Ciclo inicial

Ciclo final

Módulos do bloque común

MED-C101. Bases do comportamento

deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104.Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos do bloque específico

MED-VEVE102. Formación técnica.

MED-VEVE. Metodoloxía da vela e iniciación á competición.

MED-VEVE201. Escola de vela.

MED-VEVE202. Competicións e eventos a vela.

Técnico deportivo superior en vela con aparello fixo e aparello libre
(Real decreto 936/2010, do 23 de xullo)

Módulos do bloque común

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores deportivos.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Módulos do bloque específico

MED-VEVE301. Organización de competicións de alto nivel e grandes eventos a vela con aparello fixo e aparello libre.

MED-VEVE302. Seguridade das instalacións e as regatas de alto nivel de aparello fixo e aparello libre.

MED-VEVE303. Organización e xestión do centro deportivo de vela con aparello fixo e aparello libre.

MED-VEVE304. Análise de situacións tácticas na competición de alto rendemento.

MED-VEVE306. Preparación física do regatista.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria