Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13124

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/16.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 10 febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 28 de febreiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/16, e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

RESOLVO:

Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015-2016 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección.

– Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

M. Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Formación Profesional.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de educación.

Manuel Guerra Fernández, inspector de educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de educación.

Miguel Ángel Luis Callón Fernández, inspector de educación.

– Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

José Antonio Jardón Bahía, xefe do Servizo de Xestión da Formación Profesional.

Antonio Estévez Rodríguez, inspector de educación.

María del Carmen García Rodríguez, inspectora de educación.

Judith Fernández Novoa, inspectora de educación.

Íñigo Barreiro García, inspector de educación.