Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13195

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2017 pola que se nomea funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 144, do 28 de xullo), en execución da Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de setembro de 2016 ditada en autos de procedemento ordinario 656/2011.

Con data 26 de setembro de 2016, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza –que é firme– cuxa decisión dispón:

«Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto por Sandra Orgeira Rodríguez contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 15 de outubro de 2010, pola que se fan públicos diversos acordos do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, quenda libre, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008. Recoñécese o dereito á superación do segundo exercicio (ambas as probas) coas consecuencias e alcance expresado no fundamento de dereito sexto».

En execución da dita sentenza, a puntuación que a demandante obtén no proceso selectivo é:

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Total

15,13

13

Exenta

28,13

De conformidade coa puntuación total obtida no proceso selectivo, correspóndelle a cuarta (4) posición na orde de prelación dos aspirantes, polo que superaría o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 240, do 16 de decembro de 2010, e DOG núm. 55, do 18 de marzo de 2011).

De acordo co exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, a Sandra Orgeira Rodríguez, aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 en execución da Sentenza do 26 de setembro de 2016 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 656/2011, e adxudicarlle como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo.

Segundo. Este nomeamento ten efectos administrativos e económicos desde o día 21 de marzo de 2011, primeiro día hábil de toma de posesión do resto das persoas aspirantes nomeadas funcionarias do dito corpo mediante a Orde da Consellería de Facenda do 15 de marzo de 2011 (DOG núm. 55, do 18 de marzo), aínda tal como establece a sentenza obxecto de execución no seu fundamento de dereito sexto «E esa igualdade de condicións económicas cos restantes aprobados, dado que estes últimos prestaron servizo desde a súa toma de posesión, comporta que os dereitos retributivos obxecto de recoñecemento retroactivo á demandante eviten o recoñecemento inxusto ou duplicidade, debendo minorarse en canto aos rendementos de traballo que obtivese de forma efectiva no dito período».

Terceiro. Para adquirir a condición de funcionaria do corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, a aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante ao conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Valeirano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Orgeira Rodríguez, Sandra

32681489F

PRC991000015001005

PR

Posto base subgrupo A1

20

A1

Xefatura territorial

Servizos periférios

A Coruña