Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12833

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (279/2016).

No procedemento de xuízo verbal 279/2016 ditouse a sentenza, con data do 23.11.2016, cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Resolución

Debo estimar e estimo en parte a demanda presentada pola comunidade de propietarios do número 28/30 da rúa Alegre de Ferrol contra a herdanza xacente de Estrella Iglesias Pazos, quen foi propietaria do piso 6º dereita, e:

1. Condeno a demandada a aboar a cantidade de catro mil noventa y seis euros con noventa céntimos (4.096,9 €) de cotas comunitarias debidas ata o alleamento forzoso do piso.

2. Con xuros legais desde o 30.3.2016 ata o día de hoxe e incrementados en dous puntos en diante.

3. Non procede a condena en custas da instancia.

Advirto as partes de que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, comunidade hereditaria de Estrella Iglesias Pazos, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de cédula de notificación á dita comunidade hereditaria.

Ferrol, 27 de decembro de 2016

José Miguel Regueiro Pérez
Letrado da Administración de xustiza