Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Daniel Sousa Caulonga fronte a Servigas Ourense, S.L., ditouse a sentenza do seguinte teor literal:
«Que, estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Elisa Rodríguez González, en nome e representación de Daniel Sousa Caulonga, contra Servigas Ourense, S.L., condénase a esta última a lle aboar á parte demandante a cantidade de 30.000 €, máis os xuros legais da dita cantidade dedde o día 9 de novembro de 2010 e ata a data da sentenza, e os previstos no artigo 576 desde esta ata a súa completa execución.
Con expresa imposición das custas á parte demandada.
A presente sentenza é susceptible de recurso de apelación, que haberá que interpoñer no prazo de 20 días desde a súa notificación.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, quedando testemuño desta nos autos.
Así o acordo, mando e asino.
Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil de Ourense».
Ourense, 7 de febreiro de 2017
A letrada da Administración de xustiza