Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12801

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E-IN412F).

BDNS (Identif.): 333654.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Comunidades de propietarios ou persoas físicas propietarias de edificios de uso residencial con dúas ou máis vivendas.

Segundo. Obxecto

Axudas para a reforma de instalacións eléctricas comúns dos edificios de vivendas de máis de 25 anos para adaptalas na súa totalidade ao Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E-IN412F).

Cuarto. Contía

A dotación orzamentaria é de 800.000,00 euros.

A contía da axuda é dun máximo de 150 euros por contador, cun límite máximo de 3.000 euros por instalación. A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da instalación.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e durará 10 días hábiles.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 2 de maio de 2017 e rematará o 1 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria