Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12817

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño) modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 220, do 18 de novembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 8 de marzo de 2017, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orden do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) modificada pola Orden do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. Que de acordo co establecido na base II.1.3 da orde da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de dez puntos (10).

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal