Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12816

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 9 de marzo de 2017 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 45, do 7 de marzo).

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 25 de febreiro de 2016 (DOG núm. 45, do 7 de marzo) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Jorge Rubén Sampedro Grande como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular á vogal suplente do dito tribunal María Carmen Calviño Rodríguez, e como vogal suplente ao anterior vogal titular, Jorge Rubén Sampedro Grande.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda