Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (484/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 484/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jessica Paz Santamaría contra a empresa Fernández Garrido María e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo o escrito de demanda presentado por Jessica Paz Santamaría contra a empresa Fernández Garrido María e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á traballadora a cantidade de 7.632,35 euros en concepto de diferenzas salariais devindicadas desde o mes de maio do ano 2013 ata o mes de marzo do ano 2014 e impagadas á traballadora xunto coa cantidade de 763,23 euros en concepto do 10 % de xuro anual devindicado ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución xudicial a todas as partes constituídas como tal e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación desta ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo das consignacións legais fixadas para ese efecto, de acordo co disposto na norma procesual de aplicación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fernández Garrido María, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza