Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de febreiro de 2017 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/221/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), publícase o emprazamento a Carmen Touzón González, Oliva Touzón González, Concepción Touzón González e a Jaime Touzón González para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/221/2015-RP1, en relación coas obras consistentes na realización dunha construción de planta baixa en execución e dous semisotos, que se levaron a cabo no lugar de Cancelín, no termo municipal de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística