Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan as interesadas nos expedientes de subvención para a reforestación e para a creación de superficies forestais 11320067/2016 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para a concesión dunha prórroga para executar os traballos da axuda relativa aos expedientes de subvención número 11320067/2016 e 11360011/2016 (Orde do 28 de de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016).

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselles ás interesadas un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, en que poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para conceder unha prórroga para executar os traballos no expediente de subvención nº 11320067/2016.

Interesada: CMVMC de Bascois, Carballeda e Santa Cruz.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Carballeda, s/n, Carballeda de Valdeorras, Ourense.

Expediente: procedemento para conceder unha prórroga para executar os traballos no expediente de subvención nº 11360011/2016.

Interesada: CMVMC de Chamosa e Vilar.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Chamosa, s/n, Chamosa, Forcarei (San Martiño), 36556 Forcarei, Pontevedra.