Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza o interesado no expediente de subvención para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas 111320153/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución dun recurso de reposición do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11320153/2013 (Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia competente da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, segundo se dispón no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: resolución do recurso de reposición do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda no expediente de subvención nº 11320153/2013.

Interesada: CMVMC de Xestosa.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Xestosa, s/n, Xestosa (Santa María), 32930 Toén, Ourense.