Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 15 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o acordo de inicio dun expediente sancionador en materia de servizos sociais.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos, xa que se intentou a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador enviado no seu día e non se puido efectuar; notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, para que no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza en persoa ou debidamente representada no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de presentar alegacións contra o dito acordo, así como o seu dereito a consultar o expediente sancionador. Advírtese que de non facelo, se terá por desistido logo de resolución ditada ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e en virtude do disposto nos artigos 42 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo 15 de febreiro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Denunciado: José Luis Rivero Cerviño.

DNI: 36014824K.

Acto que se notifica: inicio de expediente sancionador.

Data: 13.9.2016.