Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña (expediente 78/2016).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 78/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 9, do 13 de xaneiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 74.550 euros. IVE (21 %): 15.655,50 euros. Importe total: 90.205,50 euros.

5. Formalización:

a) Data: 15 de febreiro de 2017.

b) Contratista: Serlym Galicia, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 68.320 euros. IVE (21 %): 14.347,20 euros. Importe total: 82.667,20 euros.

A Coruña, 22 de febreiro de 2017

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña