Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (460/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 460/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Monta Blanco contra Banco Pastor, S.A., Arquitectura Pétrea, S.A., Winterra, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Na cidade de Santiago de Compostela, 27 de xaneiro do ano 2016.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Fernando Monta Blanco –asistido polo señor letrado Pedro Blanco Lobeiras– contra as empresas Arquitectura Pétrea, S.A. e Winterra, S. A., Banco Popular, S. A., Gerardo Sánchez Brunete e Enrique Feáns García (demandados en calidade de administradores concursais de tal entidade) e o Fogasa –incomparecidos, todos eles, ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma– pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Que, estimando integramente a demanda promovida por Fernando Monta Blanco en canto se dirixiu contra a empresa Arquitectura Pétrea, S.A. debo condenala e condénoa a que aboe, ao demandante, a cantidade de 2.515,43 € que haberá de resultar incrementada co 10 % de xuro en concepto de mora computado na forma indicada no fundamento xurídico “cuarto” da presente resolución. Fáiselle expresa imposición de custas coa limitación fixada no fundamento xurídico “sexto”.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a aterse á condena imposta á aludida codemandada.

3º. Que debo absolver e absolvo o Banco Popular, S. A., a Gerardo Sánchez Brunete e a Enrique Feáns García de todas as pretensións articuladas na súa contra.

Póñase esta resolución en coñecemento das partes, e fágaselles saber que, contra ela, non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Arquitectura Pétrea, S.A. e a Winterra, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza