Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=71460

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 66512200-4 (servizos de seguros de asistencia médica).

d) Medios de publicación e datas dos anuncios de licitación: DOUE do 2 de novembro de 2016; BOE nº 274, do 12 de novembro de 2016 e DOG nº 221, do 18 de novembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado do contrato: 1.551.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 775.500,00 € (exento de IVE).

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 13 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato. 13 de febreiro de 2017.

c) Contratista: Segurcaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros.

d) Importe de adxudicación: 775.500,00 €.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte