Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 401/2015).

PO procedemento ordinario 401/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Antonio de María Angulo

Procuradora: María Begoña Caamaño Castiñeira

Demandados: Silvanus España, Fogasa

Avogado/a: Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 401/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio de María Angulo contra Silvanus España, Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 401/2015, en que son parte, como demandante, Antonio de María Angulo, asistido polo letrado Sr. Ríos Novo, e, como demandados, Asociación Profesional de Viticultores de España, que non comparece, a pesar da súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido:

Admitir a demanda interposta por Antonio de María Angulo contra a Asociación Profesional de Viticultores de España e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar o demandante a cantidade de 7.200 euros, cantidade a que se aplicará o xuro do 10 % por demora, con condena da demandada ao aboamento dos honorarios de asistencia letrada ao demandante ata o límite legal. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, se for o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público da Seguridade Social ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta demostre ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como demostrar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Silvanus España, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza