Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (465/2015).

PO Procedemento ordinario 465/2015

Sobre: ordinario

Demandantes: José Villar Blanco, Pablo Pérez Fernández

Demandados: Santiago Dos, S.L., Tussa, José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogados: (…), Alejandro Manuel Martín López, (…), Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 465/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Villar Blanco, Pablo Pérez Fernández contra Santiago Dos, S.L., Tussa, José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 465/2015, sendo parte nel, como demandantes, Pablo Pérez Fernández e José Villar Blanco, asistidos pola letrada Sra. Verde Crespo, e como demandada Santiago Dos, S.L., despois de ser citado ademais en calidade de administrador concursal José Allegue Seoane e Tussa (Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A.), que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decisión.

Estímase a demanda interposta por José Luis Castro González fronte a Segur Ibérica, S.A., despois de ser citado o administrador concursal Landwell-Pricewaterhousecoopers Tax & Legal Services, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 811,30 euros. A esta cantidade aplicaráselle o xuro do 10 % por mora. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza