Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12173

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de vacantes no Pleno da Corporación en representación de organizacións empresariais.

Ao producirse dúas vacantes no Pleno da Cámara de Comercio da Coruña, en representación das organizacións empresariais, de conformidade co artigo 28 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación de Galicia, ponse en coñecemento das organizacións empresariais, á vez intersectoriais e territoriais máis representativas, que poden propoñer ante o Comité Executivo da Corporación, no prazo de quince días desde a publicación do presente anuncio, unha lista de tres candidatos para cubrir as ditas vacantes, de acordo co artigo 32 do citado Decreto 431/2009.

Con base no mencionado decreto, enténdese que gozan desa condición as organizacións empresariais integradas en federacións ou confederacións que, de conformidade coa lexislación laboral, teñan o carácter de máis representativas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por iso, poderán presentar candidaturas as organizacións empresariais intersectoriais, implantadas no ámbito territorial desta cámara, afiliadas, federadas ou confederadas ás organizacións empresariais máis representativas sempre que estas non presenten candidatura e, polo tanto, as substitúan no exercicio dos seus dereitos. Neste caso, deberá presentarse a súa conformidade coa cesión dos dereitos electorais da organización empresarial a que están adscritas.

Os candidatos deberán ser persoas de recoñecido prestixio na vida económica dentro da demarcación da Cámara de Comercio da Coruña. Se a persoa proposta formase parte do censo cameral, deberá cumprir os requisitos para ser elixible por dereito de sufraxio pasivo que se establecen no artigo 10 do Decreto 431/2009 antes sinalado.

O que se comunica para os efectos oportunos, de acordo co artigo 61.2, parágrafo segundo do Decreto 431/2009.

A Coruña, 16 de febreiro de 2017

Gonzalo Ortiz Amor
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio,
Industria, Servizos e Navegación da Coruña