Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 16 de febreiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto sucesorio das concesións administrativas e das bateas Jevi I e Pleamar I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Jevi I e Pleamar I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 15 de febreiro de 2017, José Otero García solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto sucesorio das concesións administrativas e das bateas Jevi I e Pleamar I.

Segundo. O solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceiro. O expediente segue todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto sucesorio, a favor do seu descendente Enrique Otero Lema (53796046N), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificacións:

Tipo: batea.

Nome: Jevi I.

Localización:

Distrito: Caramiñal. Polígono: H. Cuadrícula nº: 43.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: 18.6.1965.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: José Otero García (33207321J) 100 % privativa.

Novo titular: Enrique Otero Lema (53796046N) 100 % privativa.

Tipo: batea.

Nome: Pleamar I.

Localización:

Distrito: Caramiñal. Polígono: E. Cuadrícula nº: 52.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: 11.6.1974.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: José Otero García (33207321J) 100 % privativa.

Novo titular: Enrique Otero Lema (53796046N) 100 % privativa.

O novo titular da concesión administrativa queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 16 de febreiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña