Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2017 pola que se anuncia a contratación do servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (expediente 7/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

c) División por lotes e número: non.

d) Duración: 33 meses.

e) Admisión de prórroga: si, sen que a duración total do contrato, incluídos os períodos de prórroga acumulados, poida exceder o prazo máximo de 5 anos (60 meses).

f) CPV: 79714000 e 79710000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os indicados no cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 177.272,73 €; importe IVE (21 %): 37.227,27 €, importe total: 214.500 €.

Valor estimado: 322.314,05 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto na letra F do cadro de características.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=111037

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día, e nun só envío.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: na data e hora que se comunicará mediante a súa publicación na páxina web do perfil de contratante indicada na anterior alínea 8.g).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar