Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño, do concello do Porriño.

Unha vez recibido informe favorable sobre a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño, concello do Porriño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o día 24 de abril de 2017, ás 9.00 horas, para o comezo das operacións de deslindamento, que comezarán no lugar de Monte Penizas (canteira de Cabaleiro), parcela 325, do polígono catastral 58.

Emprázanse os estremeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se consideren con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os estremeiros que desexen comparecer, para presentaren alegacións e os títulos que acrediten a propiedade, no Centro Cultural A Forna, Vacaría, 53, San Salvador de Budiño, 36475 O Porriño.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra