Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 22 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución á persoa interesada no procedemento xestionado nesta xefatura territorial (expediente 15/2819/88).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de resolucións ditadas pola xefa territorial no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícase ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poidan comparecer persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para ter coñecemento do contido da dita resolución, advertíndoas que de non facerse así, teranse por notificadas cos efectos que se indican no anexo.

Infórmase que contra as devanditas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, perante a conselleira de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela), directamente ou a través desta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de febreiro de 2017

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Resolución

Data da resolución

Fernández González, M. Esther

32293905

15/2819/88

Extinción

12.1.2017