Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 16 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de dúas resolucións de expedientes tramitados por esta entidade (expediente 2011/129-36 e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica, as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 16 de febreiro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2011/129-36.

Interesada: Mª Jesús Oliveira Oliveira.

DNI: 77418992A.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 15 de febreiro de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación tutela.

Nº de expediente: 2011/130-36.

Interesada: Mª Jesús Oliveira Oliveira.

DNI: 77418992A.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 15 de febreiro de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación tutela.