Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente de caducidade do permiso de investigación Biocos número 5.212, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á sociedade Minería Sostenible, S.L., con último enderezo coñecido na rúa del Almanzora, nº 12, casa 33, 28023 Madrid, como titular, a resolución de caducidade do permiso de investigación Biocos nº 5.212, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 e no Regulamento para o réxime da minaría, do 25 de agosto 1978.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, ou recurso potestativo de reposición segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Ourense, 23 de febreiro de 2017

A. Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense