Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que
se notifica

Concello

Ramón Romero Lojo

IN635A 2016/139-1

Resolución

Oleiros

Manuel Lareo Pite

IN635A 2016/205-1

Resolución

Santiago de Compostela

Constantino Seara Seara

IN635A 2016/141-1

Resolución

Teo

Edelmiro López López

IN635A 2016/240-1

Alegacións

Oleiros

Electro Montrove, S.L.

IN635A 2016/295-1

Resolución

Oleiros

María Isabel Villar Iglesias

IN635A 2017/6-1

Resolución

Oleiros

Comunidade de Propietarios Alfonso VII, nº 11

IN635B 2012/96-1

Resolución

A Coruña

Manuel Fariña González

IN635B 2016/19-1

Toma de vista

A Coruña