Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/3003-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gas Natural SDG, S.A.

Domicilio social: avenida Arteixo, 171, A Coruña 15007.

Denominación: LMT, CS e CT instalación de CS e centro de transformación de 1.000 kVA.

Situación: avenida Arteixo, 171, A Coruña 15007.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, con inicio na liña de distribución GRN709, entre o CT15CPU8 e CT15CIS2, e fin no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2) Al, lonxitude 4 m.

Centro de seccionamento en edificio de obra civil de superficie compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 1.000 kVA, refrixeración natural seco e relación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña