Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 9 de febreiro de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 494 do polígono 68 do termo municipal de Palas de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 9 de febreiro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 494 do polígono 68 do termo municipal de Palas de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 21.12.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 18, do 26 de xaneiro.

Lugo, 17 de febreiro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo