Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do acordo tomado polo Xurado de Montes Veciñais en Man Común de Lugo en relación co expediente 20/78 de Castroverde.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes, da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situada na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado pola xefa territorial.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 20 de febreiro de 2017

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 20/78 monte veciñal en man común (MVMC) Coutado e Pena da Sarna.

Concello: Castroverde.

Interesado: Santiago Francisco Ibáñez Mesa.

Acto notificado: acordo do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo.