Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde a Consellería Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Constitucións:

a) A sociedade agraria de transformación Láctear, SAT nº 1432 XUGA, de responsabilidade limitada e duración indefinida, con domicilio social na Curiscada, en Burres, Arzúa (A Coruña). Obxecto social: comercialización e transformación de produtos lácteos. Capital social, 2.000,00 euros representado por 4 títulos nominativos de 500,00 euros cada un deles. Número de socios: 4. Xunta Reitora integrada por: Xosé Luís Fernández Segade, presidente; María del Pilar Castro Vallo, secretaria; Manuel Ramos Garea e Jesús Gabriel Pereira Mato, vogal.

B) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Os Agros, SAT nº 1395 XUGA, na asemblea xeral do 18 de novembro de 2016 acordou:

1. Aprobar a baixa, por falecemento, do socio Pedro Ramos Gerpe e a transmisión dos 26 títulos da súa participación no capital social (26.000,00 euros) á socia María Dorinda Castro Landeira.

2. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

María Estévez Nieto

126 títulos

126.000,00 €

20,79 % participación

María Ramos Castro

177 títulos

177.000,00 €

29,21 % participación

Javier Lage Estévez

177 títulos

177.000,00 €

29,21 % participación

María Dorinda Castro Landeira

126 títulos

126.000,00 €

20,79 % participación

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, e corresponden a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por catro membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos, e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes vogais; a súa elección, será efectuada de entre os socios, pola asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario».

4. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Javier Lage Estévez, presidente; María Ramos Castro, secretaria; María Estévez Nieto e María Dorinda Castro Landeira, vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Nimo, SAT nº 1005 XUGA, na asemblea xeral do 26 de novembro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por María José Felipe García, presidenta; Nilo Felipe Fernández, secretario; Montserrat Felipe García e María Honorina García García, vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Daniberto, SAT nº 1221 XUGA, na asemblea xeral do 28 de novembro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, composta por Fernando Pérez Chao, presidente; Daniel Pérez Pérez, secretario; Alberto Pérez Pérez, vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Os Puchos, SAT nº 1363 XUGA, na asemblea xeral do 7 de novembro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por José Rielo Álvarez, presidente; José López Fernández, secretario; Jaime Fontal Millares, Mª Isabel Galdo Romero, Mª Paz Andrés Álvarez e Laura Millares Álvarez, vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Mantequerías Lomba, SAT nº 2162, na asemblea xeral do 22 de novembro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, composta por Concepción García Feijoo, presidenta; Francisco Javier Outomuro Castro, secretario; José Francisco Ledo Taboada, vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Embutidos Lalinenses, SAT nº 884, na asemblea xeral do 25 de marzo de 2015 acordou:

1. Modificar o artigo 9 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«Son órganos de goberno da SAT;

a) A Asemblea Xeral.

b) A Xunta Reitora.

c) O presidente.

d) A Comisión Permanente».

g) A sociedade agraria de transformación Regueiro Picón, SAT nº 1135, na asemblea xeral do 29 de decembro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, composta por Amadeo Regueiro Mallo, presidente; Francisca Picón Sánchez, secretaria; Amadeo Regueiro Picón, vogal.

h) A sociedade agraria de transformación Cuns, SAT nº 1261 XUGA, na asemblea xeral do 6 de xaneiro de 2017 acordou:

1. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT e correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por cinco membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario, e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixindo por separado presidente e secretario.

A renovación farase por metade cada dous anos e na primeira metade renovaranse o presidente cos últimos dos vogais, e na segunda o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora, composta por Germán Blanco Oroña, presidente; Mª Mercedes Pereira Cruz, secretaria; Manuel Blanco Pereira, Mª Dolores Blanco Pereira e Carina Isabel Blanco Pereira, vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Camino Duro, SAT nº 966 XUGA, na asemblea xeral do 9 de decembro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Luis Ignacio Camino Duro, presidente; María Teresa Camino Duro, secretaria; Manuel José Camino Duro e María Magdalena Veiga Salgueiros, vogais.

j) A sociedade agraria de transformación Ganadería O Salgueiro, SAT nº 1244 XUGA, na asemblea xeral do 14 de xaneiro de 2017 acordou:

1. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT e correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se desenvolverán, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de seis anos e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixindo por separado presidente e secretario.

A renovación farase por metade cada tres anos e na primeira metade renovarase o presidente cos últimos dous vocais, e na segunda o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que queda composta por Jesús Pena Juncal, presidente; Álvaro Alexis Pena Varela, secretario; Avelina Varela Varela, vogal.

k) A sociedade agraria de transformación Domes, SAT nº 1019 XUGA, na asemblea xeral do 9 de xaneiro de 2017, acordou ratificar os seguintes acordos adoptados nas asembleas xerais do 25.6.2016 e 30.6.2016:

1. Aprobar a baixa por falecemento do socio Pedro Manuel Corral Rico e a transmisión da súa participación no capital social, 4 títulos, á pretendida nova socia María Sanjurjo Manteiga.

2. Aprobar a incorporación como socia de María Sanjurjo Manteiga.

Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

María Sanjurjo Manteiga

4 títulos

3.005,06 €

33,33 % participación

Rocío Corral Sanjurjo

4 títulos

3.005,06 €

33,33 % participación

Carlos Francisco Vázquez Gil

4 títulos

3.005,06 €

33,33 % participación

3. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por María Sanjurjo Manteiga, presidenta; Rocío Corral Sanjurjo, secretaria; Carlos Francisco Vázquez Gil, vogal.

l) A sociedade agraria de transformación Villarino, SAT nº 1010 XUGA, na asemblea xeral do 7 de febreiro de 2017 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por Julio Rivas y Granda, presidente; José Manuel Rivas y Granda, secretario; María Herminia Granda Díaz, vogal.

m) A sociedade agraria de transformación Bouza do Rei, SAT nº 5730, na asemblea xeral do 13 de febreiro de 2017 aprobou a ratificación dos seguintes acordos adoptados na asemblea xeral que tivo lugar o 21 de novembro de 2016:

1. Aprobar a baixa por falecemento do socio Valentín Castro Serantes e a transmisión da súa participación no capital social (28 títulos) á pretendida nova socia Ana Belén Castro Pérez.

2. Aprobar a incorporación como socia de Ana Belén Castro Pérez.

Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Isidoro Serantes Serantes (NIF ...207K)

84 títulos

12.621,84 €

20,00 %

Feliciano Barral Martínez

84 títulos

12.621,84 €

20,00 %

Avelina Barral Diz

84 títulos

12.621,84 €

20,00 %

Isidoro Serantes Serantes (NIF ...810L)

84 títulos

12.621,84 €

20,00 %

Rosa Núñez Núñez

56 títulos

8.414,56 €

13,33 %

Ana Belén Castro Pérez

26 títulos

4.207,28 €

6,67 %

3. Modificación integral dos estatutos sociais, que quedan redactados tal e como figura no anexo á acta da asemblea xeral.

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora que, pasa a estar composta por Isidoro Serantes Serantes (NIF ...207K), presidente; Feliciano Barral Martínez, secretario; Avelina Barral Diz, Isidoro Serantes Serantes (NIF ...810L), Rosa Núñez Núñez e Ana Belén Castro Pérez, vogais.

C) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Campo da Abeleira, SAT nº 1246, na asemblea xeral do 2 de xaneiro de 2017, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Eduardo Iglesias Rodríguez, Mª Carmen Iglesias Bello e Jorge Iglesias Bello.

D) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Proida, SAT nº 989 XUGA, mediante escritura pública do 14 de decembro de 2016 acordou:

1. Aprobar a transformación de Proida, SAT nº 989 XUGA, en Ganadería Proida, S.L., inscrita no rexistro mercantil de Lugo no tomo 495, folio 77, folla LU-18705.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias