Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

ANUNCIO polo que se fai pública a Resolución do 17 de xaneiro de 2017, referente á provisión mediante promoción interna dunha praza de administrativo da escala de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 32, do 8 de febreiro de 2017, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de administrativo, pertencente á escala de administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello de Riós.

Riós, 14 de febreiro de 2017

Francisco Armando Veiga Romero
Alcalde