Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11652

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública do expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural do Cruceiro, en Donas.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse á información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural do Cruceiro, na parroquia de Donas deste termo municipal, subscrito pola arquitecta Delia Prado Figueroa e incoado por petición do concelleiro de Urbanismo.

O expediente sométese á información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente, das 8.30 ás 14.00 horas, en horario de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 22 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 16.9.2015)
Xosé Antonio Araújo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda