No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 38, do 15 de febreiro de 2017, deuse publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria das probas do proceso de selección, mediante oposición, para cubrir unha praza vacante neste concello, de funcionario de carreira pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1.
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O Barco de Valdeorras, 15 de febreiro de 2017
Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde