Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11654

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

ANUNCIO polo que se fai pública a Resolución do 17 de xaneiro de 2017 de convocatoria de funcionarización de prazas de persoal laboral fixo/indefinido.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 27, do 2 de febreiro de 2017, aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para a funcionarización das prazas de persoal laboral fixo/indefinido do Concello de Riós:

Características das prazas:

Axente de desenvolvemento local: grupo A, subgrupo A2, nivel 26.

Informador/a xuvenil: grupo C, subgrupo C2, nivel 18.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de edictos do Concello de Riós.

Riós, 14 de febreiro de 2017

Francisco Armando Veiga Romero
Alcalde