Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (711/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 711/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Mirón Iglesias contra Lineanorte Multiservicios, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou auto do 13 de febreiro de 2017 que é do teor literal seguinte:

«Auto.

En Santiago de Compostela o 13 de febreiro de 2017.

Feitos.

Único. O 12 de xaneiro de 2017 este xulgado ditou sentenza pola que se estimaba a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra empresa Lineanorte Multiservicios, S.L.

Fundamentos xurídicos.

Único. De conformidade co disposto no artigo 267.2 da Lei orgánica do poder xudicial, procede a rectificación da Sentenza do 12 de xaneiro de 2017, nos seguintes termos:

No fundamento cuarto, último parágrafo debe dicir: “De acordo co exposto, atendida a antigüidade do demandante, 3 de marzo de 2016, o seu salario mensual de 1.716,53 euros e a data do despedimento, 25 de agosto de 2016, correspóndelle recibir unha indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 56,28 euros”.

Na decisión debe dicir: “Estímase a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 25 de agosto de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 56,28 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial”.

Por último, só aclarar que en relación coa petición formulada pola parte no escrito do 19 de xaneiro de 2017, simplemente indicar que a cuantificación da indemnización correspondente así como o importe do salario día, unha vez verificadas as operacións aritméticas, se mantén conforme o disposto na decisión da sentenza, e a falta de conformidade co seu cálculo deberá ser obxecto do pertinente recurso de suplicación.

Parte dispositiva.

Acórdase rectificar o contido da Sentenza do 12 de xaneiro de 2017, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No fundamento cuarto, último parágrafo debe dicir: “De acordo co exposto, atendida a antigüidade do demandante, 3 de marzo de 2016, o seu salario mensual de 1.716,53 euros e a data do despedimento, 25 de agosto de 2016, correspóndelle recibir unha indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 56,28 euros”.

Na decisión debe dicir: “Estímase a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 25 de agosto de 2016 y, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 56,28 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpoñer contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza