Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11550

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017 pola que se crea o ficheiro de datos de carácter persoal número 37, denominado Xestión do Laboratorio de Radón de Galicia.

A disposición adicional segunda.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuación á LOPD, mediante Resolución do 24 de xuño de 2002, e con posterioridade foi aprobando e inscribindo os novos ficheiros.

Ao ser necesario o uso de datos persoais para a xestión da investigación do Laboratorio de Radón de Galicia, fai aconsellable crear o ficheiro e inscribilo na Axencia de Protección de Datos.

Na súa virtude e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro. Créase o ficheiro de datos de carácter persoal nº 37, denominado Xestión do Laboratorio de Radón de Galicia.

A súa descrición contense no anexo desta resolución, onde se o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Segundo. A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3 da LOPD.

Terceiro. Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da Comunidade Autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Juan Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Ficheiro nº 37 Xestión do Laboratorio de Radón de Galicia

a) Identificación do ficheiro:

Xestión do Laboratorio de Radón de Galicia.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Investigación e Innovación, Universidade de Santiago de Compostela.

Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome), s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Rúa San Francisco, s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os seus usos previstos:

Xestión de usuarios e tarefas de xestión de investigación no Laboratorio de Radón de Galicia.

e) Tipificación da finalidade e usos previstos:

Investigación epidemiolóxica e actividades análogas. Educación e cultura.

f) Orixe e procedencia dos datos:

O propio interesado ou representantes legais, entidades privadas ou institucións públicas.

g) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Solicitantes de medicións de radón.

h) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

Datos identificativos: nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, correo electrónico, sinatura.

Outros tipos de datos: características persoais, académicas e profesionais.

i) Sistema de tratamento do ficheiro:

Mixto.

j) Medidas de seguridade:

Medidas de nivel baixo.

k) Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Institucións participantes nos estudos.