Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11042

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2942/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2942/2016 CRS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 599/2012. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrentes: María del Mar Suárez Suárez, Verónica Muíño Gemiñas, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, María Jesús Iglesias Figueira, Marta Figueira Gómez, Mhirta Manteiga Rivas, Nieves Pampín Martínez, Patricia Castro Junca, Pilar Mosquera de la Iglesia, María del Carmen Barbeito Villasenín, Silvia Veiras Quindimil

Avogado: David Pena Díaz

Recorridos: Fogasa, Confecciones Liñaza, S.L., María Jesús Calvo Fuentes, Textil Bastián, S.L., Textil Elvi, S.L., Tex Mari, S.L., Texqueirua, S.L., Makama Confecciones, S.L.

Avogado: Fogasa, Francisco Javier D´Amorín Camba

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2942/2016 desta sección, seguido por instancia de María del Mar Suárez Suárez, Verónica Muíño Gemiñas, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, María Jesús Iglesias Figueira, Marta Figueira Gómez, Mhirta Manteiga Rivas, Nieves Pampín Martínez, Patricia Castro Junca, Pilar Mosquera de la Iglesia, María del Carmen Barbeito Villasenín, Silvia Veiras Quindimil contra o Fogasa, Confecciones Liñaza, S.L., María Jesús Calvo Fuentes, Textil Bastián, S.L., Textil Elvi, S.L., Tex Mari, S.L., Texqueirua, S.L., Makama Confecciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada dos traballadores recorrentes Verónica Muíño Gemiñas e outros contra a sentenza do 25 de febreiro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Santiago, en proceso sobre salarios, promovido polos recorrentes fronte á empresa Textil Bastián, S.L. e outras, procede confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Textil Bastián, S.L., Textil Elvi, S.L., Confecciones Liñaza, S.L., Tex Mari, S.L., Texqueirua, S.L., Makama Confecciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza