Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a contratación do servizo para o desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura en 2017, procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nun 75 % (expediente 6/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura en 2017.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: cinco meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto e suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os indicados no cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 620.000 €; importe IVE (21 %) 130.200 €, importe total: 750.200 €.

Valor estimado: 620.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto na alínea F do cadro de características.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (importe de 31.000 €).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 981 54 62 61 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de internet no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109594.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 20.3.2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día, e nun só envío.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: 31.3.2017 ás 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 9.2.2017

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodriguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar