Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos desta consellería en distintos certames feirais que se van realizar no ano 2017, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (4 lotes) (expediente 18/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, organización montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Mar en distintos certames feirais que se van realizar no ano 2017, 4 lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=48202

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 16.7.2016; BOE do 23.7.2016 e DOG do 9.8.2016.

e) División por lotes e número: 4 lotes.

Lote 1: Seafood Expo Global, Bruxelas (do 25 ao 27 de abril).

Lote 2: Seafood Expo North America, Boston (do 19 ao 21 de marzo); Seafood Expo Asia, Wanchai-Hong Kong (do 5 ao 7 de setembro).

Lote 3: Salón Gourmets, Madrid (do 24 ao 27 de abril); Tuttofood, Milano (do 8 ao 11 de maio) e Anuga, Colonia (do 7 ao 11 de outubro).

Lote 4: Xantar, Ourense (febreiro); Forum Gastronómico, A Coruña (marzo); Expomar, Burela (maio); Salimat, Silleda (xuño); Conxemar, Vigo (outubro); Expomar, Cabo Verde (no segundo semestre de 2017) e Femaga, A Coruña (decembro).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 1.630.000,00 €, IVE (21 %): 342.300,00 €. Importe total: 1.972.300,00 €.

Valor estimado: 1.630.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (eixe/medida 5.1.3., medidas de comercialización).

6. Adxudicación e formalización do contrato:

– Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe neto: 265.500 € (sen IVE).

IVE 21 %: 55.755 €.

Importe total: 321.255 €.

d) Data de formalización do contrato: 7 de decembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

– Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe neto: 373.400 € (sen IVE).

IVE 21 %: 78.414 €.

Importe total: 451.814 €.

d) Data de formalización do contrato: 7 de decembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

– Lote 3:

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe neto: 469.900 € (sen IVE).

IVE 21 %: 98.679 €.

Importe total: 568.579 €.

d) Data de formalización do contrato: 7 de decembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

– Lote 4:

a) Data da resolución de adxudicación: 11 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Acciona Producciones y Diseño, S.A.

c) Importe neto: 225.250 € (sen IVE).

IVE 21%: 47.302,50 €.

Importe total: 272.552,50 €.

d) Data de formalización do contrato: 9 de decembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar