Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12150120/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 12150120/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o ano 2009).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédese á interesada un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 12150120/2009.

Interesada: Herminia Rilo Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Loxo, s/n, Touro (A Coruña).