Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12270117/2008 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinalan no anexo, as resolucións dos procedementos para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda relativa aos expedientes de subvención números 12270117/2008 e 12320082/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédese aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á notificación da resolución, no cal poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención número 12270117/2008.

Interesado: José Martínez López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Diego Pazos, 56, 3º B, 27600 Sarria, Lugo.

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención número 12320082/2008.

Interesada: Sara Vila Saa.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Bedoya, 24, portal baixo, 32004 Ourense.