Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente Feader 2012/68 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás entidades interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo director xeral de Ordenación Forestal.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as interesadas dispoñen do prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións, situadas na avenida do Camiño Francés, 8-10, semisoto, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: Feader 2012/68.

Interesada: Alimentos Lácteos, S.A.

Acto de notificación: acordo de inicio de reintegro e perda de dereito ao cobramento de subvención.

Expediente: Feader 2013/29.

Interesada: Elaborados Cárnicos de Galicia, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio de reintegro e perda de dereito ao cobramento de subvención.