Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11034

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

En sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de novembro de 2016 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar todas as alegacións presentadas.

Segundo. Realizar os trámites para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso de selección.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta puntos (50 puntos), fixándose en 55 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, concédese un prazo de dez días hábiles para os efectos de alegacións con relación as puntuacións obtidas polos aspirantes, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do primeiro exercicio.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal