Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1194/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1194/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que se debe aceptar o escrito de aclaración presentado polo letrado Sr. Núñez Fernández, en nome e representación da Fundación Laboral de la Construcción, polo que, na resolución da sentenza, onde di: «189,31 euros», debe dicir: «e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que aboe á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de 198,31 euros, incluída a recarga do 20 % por mora. Sen imposición das custas...». En todo o demais débese manter a literalidade da sentenza.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non poderán interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e firmo, María Fe López Juiz, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza