Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 723/2014).

Eu, Marta Yanguas del Val, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 723/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de Manuel Río Martínez contra Construcciones Felnaro,S.L., sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e fallo é do tenor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 723/2014.

Demandante: Manuel Río Martínez.

Letrado: Sr. Añón Fraga.

Demandado: Construcciones Felnaro,S.L.

Letrado:

Sentenza nº 628/16.

Fallo:

– Estimo a demanda formulada por Manuel Río Martínez fronte a Construcciones Felnaro, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle ao primeiro a suma de 3.231,46 euros, así como o xuro de mora do artigo 29.3 ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

A Coruña, 16 de decembro de 2016».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Felnaro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza