Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Gallega de Servicios de Transporte en Autobús (Fegabus) co número 72-2473-1981.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nela, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 29 de decembro de 2016, a modificación de todos os artigos dos estatutos da Federación Gallega de Servicios de Transporte en Autobús (Fegabus) co número 72-2473-1981.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: poderán ser membros as organizacións profesionais que estean constituídas por empresas de transporte público de viaxeiros por estrada, sempre que o seu ámbito estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. De forma excepcional, e sempre que as circunstancias así o aconsellen, as empresas dedicadas á referida actividade de transporte poderán integrarse directamente na federación.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego