De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada ésta, non se puidese practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 13 de febreiro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Número de predio: 6.
Nome e apelidos: María Muñiz Muñiz.
Número de predio: 8.
Nome e apelidos: Benita Martínez Suárez.